Ir ao contido

Rexistro de xornada: o que a túa empresa precisa saber

Respostas claras ás dúbidas máis habituais de quen ten un pequeno negocio.

En poucas palabras: se tes persoal contratado, tes que rexistrar cada día a hora de inicio e de fin da xornada de cada persoa e conservar eses rexistros durante catro anos.

Maio de 2019
Desde entón é obrigatorio en todas as empresas.
Real decreto-lei 8/2019
Cada día
A hora de inicio e de fin da xornada de cada persoa.
Estatuto dos Traballadores, art. 34.9
4 anos
O tempo que hai que conservar os rexistros.
Estatuto dos Traballadores, art. 34.9

A miña empresa está obrigada?

Si. Desde maio de 2019, todas as empresas teñen que rexistrar a xornada de cada persoa contratada, independentemente do tamaño da empresa.

Isto tamén se aplica a quen traballa a tempo parcial ou desde a casa.

Que teño que rexistrar exactamente?

Cada día, a hora exacta de inicio e de fin da xornada de cada persoa.

Se se fan horas extraordinarias, tamén hai que rexistralas día a día.

Canto tempo teño que gardalo?

Catro anos. Durante ese tempo ten que estar dispoñible se cho piden.

Quen me pode pedir o rexistro?

As persoas do teu equipo, os representantes legais do persoal e a Inspección de Traballo.

Podo facelo en papel ou nunha folla de Excel?

A norma non obriga a usar un sistema concreto. O importante é que o rexistro sexa fiable e recolla as horas reais de inicio e de fin de cada xornada.

Podes facelo en papel, pero tes que cubrilo cada día, conservalo durante catro anos e atopalo cando cho pidan.

Quen decide como se organiza o rexistro?

O rexistro organízase segundo o que estableza o convenio colectivo ou un acordo de empresa. Se ningunha destas vías o regula, decide a empresa tras consultar cos representantes do persoal, se os hai.

E se alguén esquece fichar?

Pode pasar. O importante é decatarse axiña e corrixir o rexistro para que reflicta as horas que se traballaron de verdade.

Como che facilita Dixiplan o rexistro

A entrada e a saída, sen cubrir formularios

O teu equipo ficha co móbil ou nunha tableta e cada fichaxe queda rexistrada coa hora en que se fixo.

Os teus rexistros quedan gardados

Consérvanse tamén os rexistros das persoas que xa non traballan contigo.

O rexistro, listo cando cho pidan

Podes descargar o rexistro de xornada de cada persoa para o período que escollas, tamén en formato CSV.

As fichaxes que faltan, á vista

A revisión marca os días que non cadran. Dixiplan tamén pode avisar a quen segue sen fichar pasado un tempo desde a súa hora de entrada.

Amosámosche como quedaría o rexistro da túa empresa?

Nunha demostración gratuíta por videochamada, cos horarios do teu equipo.

Que di a norma

Esta páxina é informativa. A última actualización é de novembro de 2026. Se tes dúbidas sobre o teu caso, consulta coa túa asesoría laboral.

Queres ver como funcionaría na túa empresa?

Nunha demostración gratuíta amosámosche como levar o rexistro de xornada da túa empresa con Dixiplan.

  • Chamámoste desde Ordes
  • Por videochamada, cos horarios da túa empresa
  • Gratuíta e sen compromiso

Prefires chamar?
881 293 261

Campos obrigatorios

Información básica sobre protección de datos

Responsable: Dixitalia Software S.L.

Finalidade: Xestionar a solicitude que envías a través deste formulario.

Lexitimación: Consentimento da persoa interesada.

Cesións: Só por obriga legal ou requirimento xudicial.

Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidade e revogación do consentimento. Podes acudir á autoridade de control (www.aepd.es).

Máis información: política de privacidade.