Pódese fichar desde calquera dispositivo con conexión a internet, sexa o móbil, unha tableta ou o ordenador. Non fai falta mercar ningún aparello especial. O teu equipo ficha en segundos e ti ves todo no panel.
Cada persoa ficha co seu móbil ou ordenador. Dixiplan ábrese no navegador sen ter que instalar nada. No móbil, podes engadilo á pantalla de inicio como calquera outra aplicación.


Cada persoa introduce o seu código e ficha en poucos segundos.
Nunha demostración gratuíta por videochamada, co móbil ou cunha tableta.
ou chámanos ao 881 293 261
Calquera móbil, tableta ou ordenador con conexión a internet. Non fai falta mercar unha tableta nin un reloxo de fichar. Dixiplan ábrese no navegador e podes usar o ordenador que xa tes.
Se queres un punto de fichaxe fixo na entrada, podes usar un ordenador ou unha tableta. Se tes varias entradas, podes poñer un punto de fichaxe en cada unha, por exemplo un na oficina e outro no taller.
Si. As fichaxes aparecen no panel ao momento. Alí podes ver quen está a traballar, quen está en pausa, quen falta e quen está de baixa.
Cada persoa recibe o seu código por correo. Se o esquece, podes volver enviarllo desde o teu panel sen cambialo.
Se pasa un tempo desde a hora de entrada e unha persoa aínda non fichou, Dixiplan pode avisala. Ti decides canto tempo debe pasar, por exemplo, 10 minutos.
Se alguén esquece fichar a saída, verás a incidencia marcada na revisión e poderás corrixila.
Si. Antes de confirmar, poden escribir unha nota, por exemplo «vou ao médico».
Cóntanos cantas persoas sodes e onde fichan. Amosarémosche como funcionaría Dixiplan na túa empresa.
Prefires chamar?
881 293 261
Grazas! Xa temos a túa solicitude.
Chamarémoste desde Ordes para acordar contigo o día da videochamada. Se o prefires, chámanos ao 881 293 261.