Ir ao contido

O teu equipo ficha. Ti tes as horas baixo control.

Dixiplan é un programa de control horario para pemes. Rexistra a que hora comeza e remata de traballar cada persoa, avísate se algo non cadra e déixache o rexistro de xornada listo para descargar.

Panel de Dixiplan no ordenador con catro persoas a traballar, unha en pausa, unha ausente e unha de baixa.

Un día calquera con Dixiplan

Así se leva o control horario da túa empresa, desde que o teu equipo chega pola mañá ata que pechas o mes.

  1. 9:00

    O teu equipo chega e ficha

    Cada persoa preme «Comenzar a trabajar» no móbil ou introduce o seu código nunha tableta. Sen instalar nada.

    Móbil co botón «Comenzar a trabajar»
  2. 9:15

    Ves quen xa comezou

    Desde o teu panel, no ordenador ou no móbil, sabes quen está a traballar, quen está en pausa, quen falta e quen está de baixa.

    Listaxe de Dixiplan que amosa quen está a traballar e canto tempo leva cada persoa.
  3. En tempo real

    Se algo non cadra, velo ao momento

    Comprobas quen fichou ben e quen non. Se alguén esquece fichar, Dixiplan avisa esa persoa e ti podes corrixir o rexistro nun momento.

    Pantalla de revisión de Dixiplan cunha persoa que ten incidencias por revisar e outra co rexistro en orde.
  4. Cando alguén falta

    Vacacións, permisos e baixas, en orde

    Rexistras as vacacións, os permisos e as baixas de cada persoa e decides se aprobas as solicitudes. Todo queda á vista nunha soa listaxe.

    Listaxe de ausencias aprobadas en Dixiplan que inclúe vacacións, unha baixa por enfermidade e un permiso por deber inescusable.
  5. Fin de mes

    Descargas o rexistro de xornada

    O rexistro de xornada de cada persoa, co detalle diario do período que escollas, listo para gardar ou presentar.

    Rexistro de xornada en Dixiplan co día, as horas de entrada e de saída e o total de horas traballadas.

Capturas reais de Dixiplan (a aplicación está en castelán) · datos de exemplo

Vemos como funcionaría cos horarios da túa empresa?

Amosámosche Dixiplan nunha demostración gratuíta con exemplos do teu día a día.

Quen está detrás de Dixiplan

Na demostración amosámosche Dixiplan cos horarios da túa empresa. En canto comeces a usalo, saberás a quen chamar se tes algunha dúbida.

  • Demostración gratuíta cunha persoa do equipo
  • Asistencia por teléfono e por correo electrónico
  • Un equipo de Dixitalia Software en Ordes (A Coruña)

Así é a demostración

  1. Escríbesnos ou chámasnos

    Usa o formulario de abaixo ou chámanos ao 881 293 261.

  2. Chamámoste desde Ordes

    Para acordar contigo o día e a hora.

  3. Ensinámosche Dixiplan por videochamada

    Cos horarios da túa empresa, para que vexas como funcionaría no teu caso.

  4. Sen compromiso

    A demostración é gratuíta. Despois decides ti.

A túa empresa ten que rexistrar a xornada?

Desde 2019, todas as empresas teñen que rexistrar a hora de inicio e de fin da xornada de cada persoa e conservar eses rexistros.

Pódese facer en papel, pero custa levalo ao día. Con Dixiplan, o rexistro faise automaticamente cando o teu equipo ficha e tes todo ordenado cando o precisas.

O que a túa empresa precisa saber sobre o rexistro de xornada

Preguntas frecuentes

Hai que instalar algo?

Non. Dixiplan funciona no navegador do móbil, do ordenador ou da tableta. Só precisas conexión a internet.

Poden fichar varias persoas na mesma tableta?

Si. Podes poñer unha tableta onde queiras para que cada persoa fiche co seu código.

Que pasa se alguén esquece fichar?

Velo na revisión de incidencias e corríxelo ti desde o panel.

Podo descargar o rexistro de horas?

Si. Descargas o informe de rexistro de xornada de cada persoa, do período que escollas.

Onde se gardan os datos?

Os datos gárdanse en servidores situados na UE e en Suíza, de acordo co RGPD.

Como é a demostración?

Escríbesnos ou chámasnos e quedamos para unha videochamada. Unha persoa do equipo amósache como funciona Dixiplan con exemplos da túa empresa. É gratuíta e sen compromiso.

Ver todas as preguntas

Pide unha demostración gratuíta

Cóntanos algo sobre a túa empresa. Chamarémoste para acordar un día e amosarche Dixiplan por videochamada.

  • Chamámoste desde Ordes
  • Por videochamada, cos horarios da túa empresa
  • Gratuíta e sen compromiso

Prefires chamar?
881 293 261

Campos obrigatorios

Información básica sobre protección de datos

Responsable: Dixitalia Software S.L.

Finalidade: Xestionar a solicitude que envías a través deste formulario.

Lexitimación: Consentimento da persoa interesada.

Cesións: Só por obriga legal ou requirimento xudicial.

Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidade e revogación do consentimento. Podes acudir á autoridade de control (www.aepd.es).

Máis información: política de privacidade.