As dúbidas máis habituais das empresas antes de empezar con Dixiplan. Se tes algunha outra, chámanos ao 881 293 261.
Un programa de control horario para pequenas empresas. O teu equipo ficha ao entrar e ao saír, ti ves as horas no teu panel e descargas o rexistro de xornada cando o precisas.
Para calquera empresa que queira levar o control horario sen papeis. Está pensado sobre todo para equipos pequenos que precisan un sistema sinxelo.
Non. Dixiplan funciona no navegador do móbil, da tableta ou do ordenador. Só precisas conexión a internet.
Serve calquera móbil, tableta ou ordenador con conexión a internet. Podes usar o ordenador que xa tes sen mercar unha tableta nin un reloxo de fichar.
Pódese fichar desde calquera dispositivo con conexión a internet. No móbil, cada persoa preme «Comenzar a trabajar». No ordenador ou nunha tableta, introduce o seu código. Para facer unha pausa ou rematar a xornada, escolle «Hacer una pausa» ou «Terminar jornada».
A incidencia aparece marcada na revisión e podes corrixir a hora desde o teu panel. Dixiplan tamén pode avisar a quen segue sen fichar pasado un tempo desde a súa hora de entrada.
Si. Podes establecer unha marxe de cortesía, por exemplo de cinco minutos. Así, se alguén entra ás 9:00 e ficha ás 9:04, a súa fichaxe conta como puntual.
Rexístralos en Dixiplan e decides se aprobas as solicitudes. Todo queda á vista nunha listaxe e tense en conta no cómputo de horas de cada persoa.
Si. Podes usar un ordenador ou unha tableta en cada punto de fichaxe. Por exemplo, podes poñer un na oficina e outro no taller.
Si. Podes descargar o rexistro de xornada de cada persoa para o período que escollas. Inclúe, día a día, as horas rexistradas, as ordinarias e as extraordinarias. Tamén está dispoñible en formato CSV.
Os rexistros de xornada deben conservarse durante catro anos. Por iso, Dixiplan non permite eliminar do sistema as persoas que teñen rexistros.
Podes dar de baixa esa persoa. Perderá o acceso a Dixiplan e os seus rexistros conservaranse.
Os datos gárdanse en servidores situados na UE e en Suíza, de acordo co RGPD.
Non. A aplicación do móbil non rexistra a localización.
Escríbesnos ou chámasnos e quedamos para unha videochamada. Unha persoa do equipo amósache como funciona Dixiplan con exemplos da túa empresa.
Non. A demostración é gratuíta e sen compromiso.
Pregúntanos o que queiras ou pide unha demostración gratuíta para ver como funcionaría Dixiplan na túa empresa.
Prefires chamar?
881 293 261
Grazas! Xa temos a túa solicitude.
Chamarémoste desde Ordes para acordar contigo o día da videochamada. Se o prefires, chámanos ao 881 293 261.